O BENEFICIO DA APLICACIÓN DAS TIC'S NA MELLORA DA XESTIÓN EMPRESARIAL
Do 20 ao 28 de setembro de 2011
En Galicia atopámonos inmersos nun proceso gradual de transición cara á sociedade da información e do coñecemento que trae consigo unha transformación radical a nivel tecnolóxico, económico, social e político e que está cambiando a forma de pensar, de traballar, de actuar e de vivir de todas as persoas.
Axenda Dixital de Galicia 2014
Neste contexto, e dentro da estratexia do Goberno galego en materia de sociedade da información e da man da Axenda Dixital de Galicia 2014, xorde a necesidade de realizar xornadas de difusión no sector galego que axuden a maximizar o potencial social e económico das tecnoloxías da información e a comunicación como peza clave na loita pola supervivencia empresarial e no proceso de converter a economía actual nunha economía intelixente, sustentable e integradora, cun alto nivel de emprego, cohesión social e territorial.
Dende a CEP, como ente promotor e representante do empresariado da provincia de Pontevedra, púxose en marcha un ciclo de conferencias de difusión das TIC que terá lugar do 19 ao 29 de setembro en distintas cidades da provincia de Pontevedra.